Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes no número 3 da rúa Valentín Viqueira, O Carril.

Mediante Resolución desta alcaldía do 4 de marzo de 2013 aprobouse inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes no número 3 da rúa Valentín Viqueira, O Carril, redactado polos arquitectos Juan Caridad Graña e Isidro López Yáñez e promovido por Ricardo Vélez Silva.

De conformidade co establecido no artigo 86.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, o dito estudo de detalle estará exposto ao público na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentar reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 11 de marzo de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde