Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de información pública sobre actividade comercial de xoguetaría na zona de Sandián.

José Antonio Verde González solicitou deste concello licenza para actividade comercial de xoguetaría na zona de Sandián.

De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do Concello do Rosal, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pode consultarse no Departamento de Urbanismo do Concello do Rosal.

O Rosal, 12 de abril de 2013

Jesús Mª Fernández Portela
Alcalde