Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16957

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (724/2011).

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza civil número 724/2011, dimanante do procedemento de nulidade matrimonial número 165/2010, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cangas, recaeu sentenza do teor literal seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Menéndez Estébanez, Jacinto José Pérez Benítez e María Soledad Guerra Vales (suplente), ditou, en nome do rei, a seguinte sentenza número 164:

Pontevedra, 30 de marzo de 2012.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de nulidade 165/2010, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cangas, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 724/2011, nos que aparece como parte apelante-demandante María Leonor dos Santos Pereira, representada pola procuradora dos tribunais, Patricia Conde Abuín, asistida polo Letrado Guillermo Rocha López, e como parte apelada-demandada Jesús Pérez Costas, que non compareceu nesta alzada, e o Ministerio Fiscal, sobre nulidade matrimonial, sendo relatora a maxistrada suplente María Soledad Guerra Vales, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decidimos que desestimamos o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Mª Leonor dos Santos Pereira, contra a sentenza ditada o 23 de maio de 2011 polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cangas do Morrazo no procedemento de nulidade matrimonial número 165/2010, a cal se confirma integramente, sen que proceda facer especial pronunciamento sobre as custas da alzada.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas e certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Jesús Pérez Costas, expido e asino o presente.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2013

Mª Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial