Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS, CT Canceleiro nº 24.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 22 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT TRO 7130921, entre os CT Canceleiro nº 18 e travesía García Barbón, unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado na planta baixa do edificio do nº 24 da rúa Canceleiro, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 19 de abril de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra