Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2013/91-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT e CT Cangas.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 18 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 0 da saída LAL803 e final no apoio proxectado nº 1 (paso aéreo-subterráneo) do cal continúa subterránea, con condutor tipo RHZ1, 690 metros finalizando no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Cangas (Santa Mariña) Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de abril de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra