Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16928

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013 pola que se publican os convenios de colaboración asinados por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2013 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de Portos
de Galicia

Portos de Galicia e a EGAP

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

15.1.2013

Non ten

Portos de Galicia e a Axega

Comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de emerxencias

8.2.2013

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Burela

Mellora, conservación e mantemento das zonas axardinadas do porto de Burela

25.2.2013

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Cariño

Conservación e mantemento da zona portuaria incluída no centro urbano do porto de Cariño

19.3.2013

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Cariño

Ampliación da rede de abastecemento de auga dentro do dominio público do porto de Cariño

19.3.2013

Non ten

Portos de Galicia e o Inega

Dotación dun punto de subministración a buque de pesca con sistema de alimentación híbrida no porto de Ribeira

4.4.2013

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Burela

Regularización das obras da estación depuradora de augas residuais e dos colectores xerais de saneamento do porto de Burela

9.4.2013

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Execución das obras no anteproxecto Paseo marítimo terrestre do bordo litoral de Ribeira

16.4.2013

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Execución de obras do proxecto Pavimentación da explanada do porto de Palmeira

16.4.2013

Non ten