Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16556

III. Outras disposicións

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, establece a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Nº 1.

Título: convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Obxecto: a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Cixtec, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes deste, actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

Sinatura: 15 de xaneiro de 2013.

Importe: 0 €.