Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16555

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios e acordos de colaboración subscritos por esta axencia pública autonómica.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios e acordos de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Emerxencias, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente da Axencia Galega de Emerxencias

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data
de sinatura

Importe

Axega e o Ministerio de Defensa-Exército do Aire

Coordinación das operacións de busca e salvamento aéreo coa Comunidade Autónoma de Galicia

15.4.2013

Sen contido económico

Axega e a Compañía Loxística de Hidrocarburos, S.A.

Comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de emerxencias e protección cidadá

6.3.2013

Sen contido económico

Axega e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestruturas

Comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de meteoroloxía e climatoloxía en Galicia para a atención de emerxencias e protección cidadá

19.2.2013

Sen contido económico

Axega e Sogarisa, S.A.

Comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de emerxencias e protección cidadá

12.2.2013

Sen contido económico

Axega e o ente público Portos de Galicia

Comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de emerxencias

8.2.2013

Sen contido económico

Axega e Cruz Vermella Española

Comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de emerxencias e protección cidadá

8.2.2013

Sen contido económico

Axega e Augas de Galicia

Comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de atención de emerxencias e protección cidadá

20.6.2012

Sen contido económico

Axega e R-Cable e Telecomunicacións Galicia, S.A.

Posta en marcha dunha canle en televisión dixital con servizos interactivos en materia de emerxencias e protección cidadá

23.11.2011

Sen contido económico

Axega e Repsol Butano, S.A.

Comunicación bilateral, información recíproca e elaboración de protocolos de actuación conxunta en materia de emerxencias e protección cidadá

20.10.2011

Sen contido económico