Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de abril de 2013 polo que se notifica a resolución ditada no expediente en materia de dominio público hidráulico DH.D15.30348.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución sancionadora ditada polo director de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico, devolta polo servizo de Correos.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, fáiselle saber que a resolución se encontra á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sita no enderezo arriba indicado.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

Precepto infrinxido

Cualificación

Sanción

Reposición

DH.D15.30348

Mardecedeira, S.L.

A Casanova, 1, Piñeiro, 15350 Cedeira

29.1.2013

85.h) LAG

Leve

3.000,00

Si