Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16714

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono 40. Rocha Vella-rúa do Churruchao.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 25 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono 40 (Rocha Vella-rúa do Churruchao) segundo o proxecto presentado por ROX 98, S.L. o día 15 de marzo de 2013, ao cal se lle introducen as seguintes modificacións:

– Substituíronse as páxinas 13 e 16 e engadiuse diversa documentación complementaria, segundo o indicado no informe xurídico emitido con data do 17 de abril.

– Rectifícase o erro detectado no plano de ordenación resultante -incluído no anexo 4- en canto ao acoutamento do fondo das vivendas proxectadas na beira oeste da vía de nova apertura, cuxo fondo é de 13,50 metros, de acordo co informe xurídico asinado o día 25 de abril de 2013.

b) Someter o acordo a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Durante o citado período, o expediente estará á disposición de calquera persoa que desexe examinalo co obxecto da presentación das alegacións que se estimen pertinentes.

c) Dar audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo da información pública, e requirir ás administracións públicas competentes os seguintes informes sectoriais previstos pola lexislación sectorial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia:

– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, sobre posibles afeccións ao elemento catalogado D-005.

O presente acordo determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.

O citado expediente sométese ao trámite de información pública, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e, de ser o caso, formulen as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sustentable