Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2006/0274-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2006/0274-4.

Acta: 89/2006.

Empresa: Excavaciones Luso Galaico, S.L.

NIF: B-36257608.

Enderezo: Pintor San Luis, 9 baixo, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 17.1 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, artigos 3, 4 e 5 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, e artigo 7 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.8, 12.23.a), 39.3.c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 27.3.2013.

Resolución: multa de 32.000 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 15 de abril de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo