Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT planta de residuos de construción no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2012/21-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Deputación Provincial de Ourense.

Domicilio social: Progreso, 32, 32003 Ourense.

Denominación: LMT e CT planta de residuos de construción.

Situación: Morgade.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 730 m con condutor RHZ 3×95 Al, que ten a súa orixe na LMT existente de Unión Fenosa Distribución en Morgade e remate no CT proxectado intemperie de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 40.033,64 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de economía e industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 12 de marzo de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense