Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de modelos en vivo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (expediente 304/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Domicilio: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, Campus das Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4. Teléfono. 986 81 35 56.

5. Telefax. 986 81 38 57.

6. Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8. Data límite de obtención de documentación e información: 3 de xuño de 2013.

d) Número de expediente. 304/13.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mdelos en vivo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

1. Domicilio: rúa Maestranza, 2.

2. Localidade e código postal: Pontevedra 36002.

e) Prazo de execución: 2 anos a partir do día seguinte ao da formalización do contrato. Non obstante, en ambos os casos o contrato pode ser prorrogado conforme a cláusula 6 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.A.: 74.90.2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 334.400 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 38 €/hora. Importe total. 45,98 €/hora.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica financeira e técnica e profesional: os que se indican nos puntos 11, 12 e 13 respectivamente da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 11 de xuño de 2013.

b) Modalidade de presentación: papel, dous sobres: A e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, baixo. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal. Vigo 36310.

4. Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobre C na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: correrán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.500 euros.

11. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de maio de 2013.

Vigo, 2 de maio de 2013

P.D. (Resolución 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo