Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16108

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de contratación do servizo de socorrismo e primeiros auxilios na praia fluvial de Tapia e nas piscinas públicas descubertas do concello de Ames.

1. Entidade adxudicataria:

– Organismo: Concello de Ames.

– Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

– É a contratación do servizo de socorrismo e primeiros auxilios na praia fluvial de Tapia e nas piscinas públicas descubertas do concello de Ames.

– División por lotes e número: non.

– Lugar de execución: concello de Ames.

– Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta economicamente máis vantaxosa.

4. Orzamento base de licitación: 49.586,77 euros, máis IVE.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Ames.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

c) Localidade e código postal: Ames, 15220.

d) Teléfono: 981 88 30 02.

e) Telefax: 981 88 46 56.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Ames, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de 8 días naturais contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o último día do prazo de presentación de ofertas coincida en domingo ou festivo; prorrogarase ata o día hábil inmediatamente seguinte.

1. Documentación que deben presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Ames.

– Entidade: Concello de Ames.

– Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

– Localidade e código postal: Ames, 15220.

3. Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

c) Localidade: Ames.

d) Data e hora: indicarase cunha antelación mínima de 2 días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do concello.

9. Gasto de anuncios: o adxudicatario estará obrigado a pagar todos os gastos de publicación de anuncios de licitación e, de ser o caso, doutros que se puidesen insertar por causa do obxecto do contrato ou en cumprimento da lexislación vixente.

10. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.concellodeames.org

Ames, 3 de maio de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde