Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación, para a adxudicación do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada de servizo para o desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, zona Sur (clave OH.988.334.SV), cofinanciado no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Augas de Galicia.

2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web:
http://www.augasdegalicia.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.988.334.SV.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa. Zona Sur.

c) Lugar de execución: zona sur da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa.

d) Prazo de execución: trinta (30) meses.

e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de trinta (30) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90733000-4 e 72310000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 2.024.335,18 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.012.167,59 euros. Importe total: 1.224.722,78 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 7, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.

c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 3 de xullo de 2013.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas)

2. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Data e hora: as aperturas, en acto público do sobre B terá lugar o 17 de xullo de 2013, ás 9.00 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous (2) días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de maio de 2013.

12. Outras informacións.

a) Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos, tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual), Actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control de verteduras e da contaminación das masas de auga. Unha maneira de facer Europa.

b) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

e) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

f) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

h) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

i) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia