Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quiroga

ANUNCIO de contratación.

De conformidade co acordo plenario de 25.4.2013, procédese á convocatoria do procedemento para a adxudicación do contrato de xestión do Albergue Municipal de Quiroga, cos seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello de Quiroga.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: xestión do Servizo de Albergue Municipal de Quiroga.

b) Lugar: rúa Real, 112, Quiroga (Lugo).

c) Prazo: mínimo 2 anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato:

a) Canon concesional, con dous compoñentes:

i) Fixo: mínimo 600,00 €/mes.

ii) Variable: 1,5 % facturación bruta anual.

5. Garantía provisional:

a) Non se exixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Quiroga

b) Domicilio: rúa Real, 52, 27320 Quiroga.

c) Teléfono/fax: 982 42 80 01/982 42 88 08.

d) Horario: de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Perfil do contratante:

http://concellodequiroga.sedelectronica.es

8. Criterio de avaliación:

a) Varios: cláusula 11ª dos pregos de condicións.

9. Presentación de solicitudes:

a) Forma: en dous sobres pechados (cláusula 9ª dos pregos de condicións).

b) Data límite: 15 días naturais, contados a partir do seguinte da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia de Lugo.

c) Documentación que hai que presentar: segundo o disposto na cláusula 9ª dos pregos.

d) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Quiroga (r/ Real, 52, 27320 Quiroga).

10. Apertura de plicas:

a) Data e hora: terceiro día hábil despois da data límite de presentación de ofertas, ás 12.00 horas.

Quiroga, 6 de maio de 2013

José Ángel Rodríguez Raposo
Concelleiro delegado