Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de información pública sobre recolla e almacenamento de aceites minerais e vexetais no polígono indistrial de Curtis-Teixeiro.

Salvat Mallorca, S.L. solicitou licenza de obra e actividade para a recolla e almacenamento de aceites minerais e vexetais na rúa Aranga, parcela D32, do polígono industrial de Curtis-Teixeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese este expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende realizar poidan examinar o expediente e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Teixeiro, 18 de abril de 2013

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde