Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

EDICTO polo que se declara na situación legal de fóra de ordenación total unha nave dedicada á fabricación de condutos de ventilación e aire.

De acordo co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e proteccion do medio rural de Galicia, e na Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da citada disposición, sobre edificacions sen licenza, mediante Decreto da alcaldía do 11 de xaneiro de 2012, declarouse provisionalmente incursa na situación legal de fóra de ordenación total a nave (identificada no expediente como «nave 1») dedicada á fabricación de condutos de ventilación e aire, sita na estrada da Igrexa, nº 11, parroquia de Reis (referencia catastral 001704400NH33F0001FR), de acordo co solicitado por José Ramón Figueroa García, en representación de Montajes Fivi, S.L.

Para estes efectos faise constar que a identificada no expediente como «nave 1» está integrada por unha nave orixinal, cunha superficie total construída de 573,21 m2, e posterior ampliación, que consta de planta baixa e planta soto, cunha superficie total construída de 518,04 m2, polo que a superficie total construída da nave, coa ampliacion incluída, é de 1.091,25 m2.

De acordo co recollido na normativa e na instrución citadas, e para os efectos de tramitar ante o Servizo Provincial de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a solicitude de cualificación ambiental da actividade, por medio deste edicto e segundo o previsto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese o expediente a información pública, durante o prazo de vinte días, contado a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, e no taboleiro de anuncios do Concello, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente completo permanecerá exposto nos servicios urbanísticos deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Teo, 19 de abril de 2013

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde