Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16122

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO da formalización de contrato de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, dáse conta de que o Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, o día 28 de febreiro de 2013, adxudicou o contrato do que se reflicten os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: o contrato a que se refire este anuncio ten por obxecto a execución das obras recollidas no proxecto aprobado pola Administración para a rehabilitación dos inmobles situados na rúa San Sebastián, 4, 6, Subida ao Castelo 5,7 así como, de ser o caso, as derivadas dos proxectos modificados del nos casos previstos e na forma establecida nos artigos 219 e 234 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

3. Orzamento base de licitación.

Prezo (sen IVE); 1.262.991,33 €; IVE 10 %: 126.299,13 €; Total: 1.389.290,46 €.

4. Garantías.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación sen IVE.

5. tramitación e procedemento.

A tramitación é ordinaria e o procedemento é aberto.

6. Requisitos especificos do contratista.

Clasificación do contratista: grupo K; subgrupo 7; categoría e. Solvencia económica e financeira e solvencia tecnica: cláusulas 6, 9.2.1.1.d) e e), así como a 9.2.1.2.a), do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento e que están publicadas na páxina web que se especificou no punto 6, titulado Obtención de documentación e información.

7. Adxudicatario e data de formalización do contrato.

UTE Xestión Ambiental de Contratas, S.L., Geotecnia y Cimientos, S.A., abreviadamente UTE Rehabilitación Casco Vello de Vigo. O contrato formalizouse o día 26 de marzo de 2013.

8. Importe da adxudicación.

A obra adxudicouse nun millón cento vinte e dous mil setecentos noventa e nove euros con vinte céntimos de euro (1.122.799,20 €). A esta cantidade correspóndelle un IVE do 10 % o que supón un importe de cento doce mil douscentos setenta e nove euros con noventa e tres céntimos de euro (112.279,93 €).

9. Prazo de execución.

Quince meses (15 meses).

Vigo, 4 de abril de 2013

Alfonso Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo