Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública sobre explotación de ceba para xatos.

Neste concello tramítase o seguinte expediente sobre concesión de licenza municipal:

Solicitante: Jorge Porto Diéguez.

Actividade: explotación para ceba de xatos.

Lugar: San Antón (Ábedes).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente, no Servizo de Urbanismo do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Verín, 17 de abril de 2013

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde