Pablo García Tasende solicitou desta alcaldía licenza de obra e actividade de nave para explotación de galiñas poñedoras campeiras, que se situará no lugar das Abeleiras (Codesoso). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Gailcia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
Sobrado, 9 de abril de 2013
Jacobo Fernández García
Alcalde