Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de abril de 2013 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 13 de setembro de 2010, recaída no expediente 107B 2009/18-0, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio da destinataria.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 11 de abril de 2013, a resolución pola cal se estima parcialmente o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 13 de setembro de 2010, ditada polo subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo); en relación coas obras de construción de vivenda unifamiliar, alpendre e piscina, no lugar de Gabián, Verducido, no termo municipal de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Sofía Morgada Fariña, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á citada interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística