Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2011/176-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Concello de Carballo. CIF: P1501900C.

Domicilio social: praza do Concello, 15100, Carballo.

Denominación: nova EDAR de Rebordelos.

Situación: San Salvador de Rebordelos, Carballo.

Características técnicas: liña aérea de alta tensión con orixe en apoio nº 70 da liña LAR-703 de Unión Fenosa procedente da subestación da Laracha, cun apoio de entroncamento e unha lonxitude de 19 m, LA-56 liña subterránea de alta tensión con inicio en LMTA proxectada e remate en CT proxectado, RHZ1-12/20 kV, 3 (1×95 mm2 AL), lonxitude 222 m. Centro de transformación intemperie en apoio, 100 kVA, 15/0,42 kV, aceite.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 3 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña