Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 1133/2012, do 20 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 20 de decembro de 2012, pronunciou a Sentenza número 1133/2012, ditada no procedemento ordinario 4129/2011, interposto pola Asociación de Veciños de Entíns e Tarás A.V.E.T., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que rexeitando a alegación de inadmisibilidade formulada, e con estimación parcial do recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación de Veciños de Entíns e Taras A.V.E.T., contra Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 11 de xaneiro de 2011, sobre aprobación definitiva do P.X.O.M. do Concello de Outes, anulamos en parte o mencionado acordo do 11 de xaneiro de 2011, o cal é contrario a dereito no que respecta á inclusión no solo urbanizable S-01 de terreos que foron obxecto de concentración parcelaria con aprobación definitiva dentro dos dez anos anteriores á entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; con desestimación das restantes pretensións; sen facer especial condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo