Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15207

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria, pola que se comunica a ampliación do prazo de presentación da solicitude única de axudas (PAC/DR 2013).

A disposición derradeira primeira da Orde do 1 de febreiro de 2013 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2013 faculta a directora do Fondo Galego de Garantía Agraria, no ámbito das súas competencias, para ditar as instrucións precisas para a execución desta orde.

Mediante a Orde 690/2013, do 25 de abril, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, amplíase o prazo de presentación da solicitude única do artigo 87.2 do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, sobre a aplicación a partir do ano 2012 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, que establece que a solicitude única se deberá presentar no período comprendido entre o día 1 de febreiro e o 30 de abril, ampliando para o ano 2013 o dito prazo ata o 10 de maio de 2013, inclusive. Este novo prazo establécese para garantir así a obtención de todos os datos precisos e desta forma asegurar unha correcta xestión das axudas.

Polo tanto, o prazo para a presentación da solicitude única de axudas PAC/DR 2013 empezou o día 1 de febreiro e finalizará o día 10 de maio de 2013, inclusive.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria