Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 22 de abril de 2013, da Xefatura da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-S-8/2013 por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación a incoación ditado pola Xefatura da Área Provincial de Pontevedra da Axencia Turismo de Galicia do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-8/2013 por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Concédese un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que os interesados presenten alegacións, documentos e información que xulguen convenientes ou, de ser o caso, propoñan probas concretando os medios dos cales se pretendan valer. Expirado o prazo sen formularen alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Expediente: PO-S-8/2013.

Titular sancionado: Gestión y Explotación de Restaurantes, S.L. CIF: B32398067.

Establecemento: Área de Servicios Ponteareas.

Enderezo: Autovía Vigo-Ourense, A 52 km 292, Ponteareas.

Concello: Ponteareas.

Data da incoación: 22 de xaneiro de 2013.

Feitos imputados: realización de actividades e prestación de servizos turísticos sen que se presente a correspondente declaración responsable ou se obtivese a preceptiva autorización turística, se é o caso.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.000 euros, de conformidade co establecido no artigo 114.b) da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Pontevedra, 22 de abril de 2013

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra