Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de abril de 2013, da Xefatura Comarcal de Ribeira, pola que se fai pública unha notificación de incoación e trámite de audiencia dun expediente sancionador (PESAN1 2013/000344-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona a incoación e o trámite de audiencia do expediente instruído.

O interesado dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura comarcal as alegacións que coide pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Comarcal de Ribeira, Praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000344-1.

Denunciado: Recho Fresco, S.L.

DNI: B15768138.

Enderezo: A Ribeira de Creo, 50, Esteiro, Muros.

Ribeira, 22 de abril de 2013

Andrés Pérez Pouso
Xefe comarcal de Ribeira