Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de atención 24x7 baseado en help-desk a usuarios de sistemas de información da Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (AB-SER1-13-015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 22.5.2013.

d) Número de expediente: AB-SER1-13-015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de atención 24×7 baseado en help-desk a usuarios de sistemas de información, da Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde (Xunta de Galicia).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: trece meses desde a súa sinatura.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Proposta de prestación do servizo e metodoloxía de traballo a utilizar

0-50

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Valores e horario de prestación de servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 2.247.336 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 936.390 euros. Importe total: 1.133.031,90 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5 e categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22.5.2013.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16.4.2013.

12. Outras informacións: o expediente cofinanciarase nun 80 % con fondos Feder no marco do programa operativo Galicia 2007-2013.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos