Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 16 de abril de 2013, da Xefatura da Área Provincial da Coruña, de citación por comparecencia na que se emprazan os interesados de varios expedientes de rehabilitación urbana para seren notificados.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Trancorrido o dito prazo sen ter efectuada a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 16 de abril de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña 

ANEXO

Relación de expedientes con resolución de denegación de financiamento cualificado:

– Mª Andrea Regueira Sánchez.

Calvo Sotelo 17, 4º B (A Coruña).

Exp. C-RP-0822/06.

Relación de expedientes con petición de documentación:

– Belarmino Bouza Picos.

Estrada Castela, 538-540, 4º B (Piñeiros-Narón).

Exp. C-RP- 0697/06.

– Javier López Calvo.

Avda. Vigo, 240, 8º C (Ferrol).

Exp. C-RH-0182/08.

Expediente con resolución de cualificación provisional:

– Elisa Mª Navarro Mata.

Estrada Canillas, 76, 11º B (Madrid).

Exp. C-RH-0861/06.