Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente PO-CAZ-2009/0026.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento PO-CAZ-2009/0026.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada da resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2013

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: PO-CAZ-2009/0026.

Interesado: César Pérez Fernández.

Acto de notificación: resolución alzada.

Último enderezo coñecido: O Cotiño, Dornelas, nº 135, Mos (Pontevedra).