Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14741

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: do 20 ao 24 de maio de 2013.

4. Lugar de celebración: Centro Social de Boiro, rúa Manuel María, s/n, 15930 Boiro (A Coruña).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 20.5.2013

16.00-17.00 h

Introdución. Lexislación.

17.00-19.30 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

19.30-20.00 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 21.5.2013

16.00-17.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

17.00-18.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

18.30-20.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 22.5.2013

16.00-18.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.00-20.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 23.5.2013

16.00-18.00 h

Métodos de loita antivectorial.

18.00-20.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 24.5.2013

15.00-16.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

16.00-18.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

18.00-19.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

19.00-20.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 20 ao 24 de maio de 2013.

Lugar de celebración do curso: Centro Social de Boiro, rúa Manuel María, s/n, 15930 Boiro (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 20, 21, 22 e 23 de maio das 16.00 ás 20.00 horas, o 24 de maio das 15.00 ás 20.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 13 de maio de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELÉFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: