Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV Larouco-Verín II (alimentación subestación Verín II), nos termos municipais de Monterrei e Verín (Ourense), e promovida por Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2012/028-3 AT).

Logo de examinar o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A posta en servizo da nova subestación Verín II (tramitada baixo o expediente IN407A 2012/30-3), que promove Unión Fenosa Distribución, S.A. e que se situará en terreos do polígono industrial de Pazos, levará consigo o desmantelamento da actual subestación Verín, propiedade da mesma compañía distribuidora, polos problemas derivados de estar integrada dentro do núcleo urbano da propia vila de Verín.

Este cambio de situación da subestación Verín fai necesario o desvío da liña eléctrica de alta tensión (LAT) a 132 kV, Salas-Verín, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A., para que remate na nova subestación Verín II, actualmente en construción.

Esta liña Salas-Verín (tramitada baixo o expediente 1085 AT), que conta con autorización de posta en servizo do 9.2.1977, ten unha lonxitude de 45.500 m, en circuíto simple e con condutor LA-180, e transcorre polos termos municipais de Muíños, Calvos de Randín, Os Blancos, Baltar, Xinzo de Limia, Cualedro, Monterrei e Verín (Ourense). Esta liña, que se abriu con ocasión da construción do parque eólico de Larouco, ten entrada e saída na subestación deste parque eólico, de tal xeito que a reforma se fará sobre o tramo Larouco-Verín.

Segundo. O 13.6.2012 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV Larouco-Verín II (alimentación subestación Verín II), xunto co anteproxecto e das correspondentes separatas técnicas.

Esta infraestrutura eléctrica prevé o desvío mediante soterramento da liña existente Larouco-Verín (descrita no antecedente de feito primeiro desta resolución), entre o apoio 132 e a propia subestación Verín, que discorre actualmente en aéreo polos termos municipais de Monterrei e Verín; desta forma, o dito tramo quedará totalmente soterrado desde o novo apoio de paso aéreo-soterrado (PAS), que se situará entre os actuais apoios 132 e 133 e a nova subestación Verín II.

Terceiro. O 22.6.2012 a Xefatura Territorial de Ourense desta consellería (en diante, xefatura territorial) ditou resolución pola que se someteu a información pública a petición de autorización da dita infraestrutura eléctrica, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 7.8.2012 e no Boletín Oficial da provincia de Ourense do 14.8.2012. Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto. Ademais, a xefatura territorial trasladou as separatas técnicas do dito anteproxecto ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, con bens e dereitos ao seu cargo, afectadas pola mencionada infraestrutura eléctrica, para os efectos de obter a súa conformidade, oposición ou reparos para a súa autorización. Na seguinte táboa relaciónanse estas entidades e recóllese o resultado da súa resposta (da cal se deu traslado ao promotor, que presentou a súa conformidade):

Entidade

Resultado da resposta

1

Deputación Provincial de Ourense

Informe do 10.12.2012: emite informe de xeito favorable, indicando as condicións que se deberán ter en conta.

2

Concello de Monterrei

Informe do 4.7.2012: emite informe de xeito favorable, indicando as condicións que deberán ter en conta.

3

Concello de Verín

Non contestou á petición de informe nin á reiteración desta petición. Polo tanto, conforme o disposto no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Quinto. O 25.10.2012 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou a solicitude de aprobación do proxecto de execución da citada infraestrutura eléctrica, xunto co preceptivo proxecto de execución.

Segundo se recolle neste proxecto, a alimentación da nova subestación Verín II realizarase a través dun tramo soterrado que comezará no novo apoio PAS, situado entre os apoios 132 e 133 da actual LAT 132 kV Larouco-Verín. As súas principais características técnicas son as seguintes:

– Tramo aéreo: para realizar o desvío da liña instalarase un novo apoio 133N (tipo PAS) entre os actuais apoios 132 e 133, desmontaranse 9 apoios existentes desde o apoio 133 ata o 141, e realizarase o retensado do último cantón entre o apoio 126 e o novo apoio 133N. Este tramo aéreo, cunha lonxitude de 94 m, terá o seu inicio no actual apoio 132 e o seu final no novo apoio 133N.

– Tramo soterrado: realizarase en canalización formigonada baixo tubaxe e con condutor AL-630, cun tramo inicial en simple circuíto de 260 m (máis 20 m de paso aéreo-soterrado), entre o novo apoio 133N e o punto de encontro coa canalización da futura LAT Xinzo-Verín II, e un segundo tramo en dobre circuíto de 1.160 m (máis 10 m de percorrido polo soto da subestación), que compartirá con esta futura LAT Xinzo-Verín II.

Sexto. O 5.2.2013 a xefatura territorial emitiu informe favorable sobre o proxecto de execución da dita infraestrutura eléctrica.

Fundamento de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria; no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O proxecto cumpre o disposto no Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 010 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV Larouco-Verín II (alimentación subestación Verín II), nos termos municipais de Monterrei e Verín (Ourense), e promovida por Unión Fenosa Distribución, S.A.

2. Aprobar o proxecto de execución da infraestrutura eléctrica que se cita.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. A infraestrutura eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa promotora Unión Fenosa Distribución, S.A., titulado LAT 132 kV Larouco-Verín II (alimentación subestación Verín II), asinado polo enxeñeiro industrial Alfonso González Álvaro (colexiado nº 2920 do Colexio Nacional de Enxeñeiros de ICAI) e visado pola Delegación de Galicia deste colexio, con nº 0449/12 e data 8.10.2012; e no cal figura un orzamento total de 1.761.902,00 €.

Segunda. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento se deberá cumprir canto establecen os regulamentos técnicos de aplicación, así como demais normativa e directrices vixentes aplicables.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa desta dirección xeral. Así mesmo, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar a esta dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá expedila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Sexta. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral (relacionadas no antecedente de feito cuarto da presente resolución), a empresa promotora da infraestrutura eléctrica procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

Sétimo. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas sinaladas no artigo 34.1 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias; por incumprimento das condicións estipuladas; pola facilitación de datos inexactos; ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Oitavo. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas