Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14251

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO de información pública sobre a construción dun cemiterio en Novío (Vilasantar).

Solicitada pola Asociación de Veciños de Vilasantar a licenza de obra e a de actividade para a construción dun cemiterio en Vilasantar, no lugar de Novío, parroquia de Vilasantar, sometida a avaliación de incidencia ambiental, tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o dito expediente ao trámite de información pública, por un período de vinte días a partir da publicación do último anuncio, ben no Boletín Oficial da provincia da Coruña ben no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan examinar o expediente nas oficinas municipais as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan alegar o que consideren oportuno.

Vilasantar, 11 de abril de 2013

Fernando Pérez Fernández
Alcalde