Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 23 de abril de 2013, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se da a coñecer a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 12 de xuño de 2013, ás 10.30 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo (sita na rúa Areal nº 62, local 3, de Vigo) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Debedor: Alquileres Celtacar, S.L. Unipers. CIF: B36918886.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Vehículo matrícula: 1093DDL, marca: Seat, modelo: Ibiza, tipo: turismo.

Bastidor: VSSZZZ6LZ5R080394, data de matriculación: 10.12.2004.

1.800,00 €

Non constan

1.800,00 €

250,00 €

Debedor: Acuña Nogueira, Antonio. NIF: 35296806V.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

2

Vehículo matrícula: 6475DHH, marca: Audi, modelo: A4 3.0, tipo: turismo.

Bastidor: WAUZZZ8E55A451649, data de matriculación: 14.3.2005.

8.100,00 €

Non constan

8.100,00 €

250,00 €

Debedor: Residencial Playa Panjón, S.L. CIF: B36899193.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

3

As facultades que integran a posición xurídica do comprador respecto ao ben que se describe a seguir, sobre o cal figura contrato de financiamento ao comprador con leasing, cancelado pero pendente de achegar carta de cancelación:

Vehículo matrícula: 2062FBD, marca: Mercedes, modelo: CLS 320, tipo: turismo.

Bastidor: WDD2193221A075181, data de matriculación: 1.9.2006.

23.400,00 €

Non constan

23.400,00 €

250,00 €

Debedor: Comesaña Freiría, M. Soledad. NIF: 36023448C.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

4

Predio nº 79398, urbano, número dous da propiedade horizontal, planta alta do edificio sinalado co número 9 de San Mauro, na parroquia de Matamá, da superficie duns sesenta e cinco metros cadrados, que ten os mesmos lindeiros que a planta baixa, é dicir: norte, camiño de servizo; sur, parede medianeira que separa da vivenda dividida letra A) e en parte, resto do predio, leste e oeste, resto do predio. Anexo o faiado e gozo do alpendre situado na parte oeste, o pequeno xardín situado cara ao suroeste e o rocho existente a media altura con acceso polas escaleiras exteriores, tamén lle é anexo de forma compartida, o pozo e lavadoiro existente no terreo común. Cota de participación en elementos comúns, cargas e beneficios da comunidade: 50 %.

Referencia catastral 1622915NG2712S0002UF.

58.598,68 €

Non constan

58.598,68 €

1.000,00 €

Debedor: Inverhotel Valdoviño, S.L. CIF: B36966216.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

5

Predio nº 10678, municipio: Valdoviño.

Referencia catastral: 8593501NJ6289N0001PD, natureza do predio: edificio, cota de participación: 100 %. Localización: vía pública: lugar Fonte da Area, s/n, urbanización Saíña, código postal: 15552. Superficie construída: noventa e sete con setenta e cinco metros cadrados. Estremas: norte, estrada que vai de Valdoviño á praia; sur, camiño que conduce á zona de aparcadoiro; leste en liña de catorce metros, propiedade dos Señores de la Peña Cajete; oeste, en liña de sete metros, muro construído polo Concello na praciña onde desembocan os citados camiños e estrada.

Descrición: edificio composto de soto, planta baixa e piso alto con terraza sobre este sito no lugar de Fonte da Area ou Saíña, concello de Valdoviño.

Inverhotel Valdoviño, S.L., CIF: B36966216, 100 % do pleno dominio con carácter propio, título: compravenda.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Narón, tomo 2558, libro 210, folio 192, alta 5.

10.123,50 €

Non constan

10.123,50 €

1.000,00 €

Debedor: Fernández Costas, Emilio Fulgencio. NIF: 53181778M.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

6

Dereitos hereditarios que correspondan a Emilio Fulgencio Fernández Costas con NIF 53181778M, en relación cos bens que seguidamente se indicarán, adquiridos polo falecemento do seu pai Emilio Fulgencio Fernández Goberna con NIF 35885528P, segundo sucesión nº 2467/08 e testamento outorgado en data 20.10.1975, ante o notario Luis Solano Aza, co número de protocolo 5.368.

Local comercial nº 7 es. e pl. 00, pta. 08, inmoble con referencia catastral 5152301NG2745S0103HS de uso comercial sito na rúa Pateira, Lavadores, nº 7, municipio de Vigo, Pontevedra, de trinta e oito con oitenta e oito metros cadrados de superficie útil.

Fernández Costas, Emilio Fulgencio, 53181778M, 100 % da propiedade.

Gravada co usufruto sobre unha cuarta parte a favor de Costas Barreiro, María Teresa, 35984321Q.

Rexistro da Propiedade número 2 de Vigo.

22.267,50 €

Non constan

22.267,50 €

1.000,00 €

7

Dereitos hereditarios que correspondan a Emilio Fulgencio Fernández Costas con NIF 53181778M, en relación cos bens que seguidamente se indicarán, adquiridos polo falecemento do seu pai Emilio Fulgencio Fernández Goberna con NIF 35885528P, segundo sucesión nº 2467/08 e testamento outorgado en data 20.10.1975, ante o notario Luis Solano Aza, co número de protocolo 5.368.

Vivenda nº 125 sita na avenida Atlántida en Vigo, inmoble con referencia catastral: 9245903NG1794N0001ID. Localización: avenida Atlántida, 125, 36208 Vigo, Pontevedra; uso local principal: residencial; ano construción: 1940; coeficiente de participación: 100 %; superficie construída: cento trinta e seis metros cadrados; datos do predio á que pertence o inmoble: situación, avenida Atlántida, 125, Vigo, Pontevedra, superficie construída: cento trinta e seis metros cadrados, superficie do solo: mil cincuenta e cinco metros cadrados, tipo do predio: parcela cun único inmoble.

Relación de predios colindantes:

– Leste: referencia catastral: 9245905NG1794N, localización avenida Atlántida, 121, Vigo, Pontevedra, comunidade de propietarios.

– Oeste: referencia catastral: 54057A077000240000AD, localización: polígono 77, parcela 24, El Fuerte, Vigo, Pontevedra, Costas, Javier.

– Norte: límite do solo de natureza urbana.

– Sur: referencia catastral: 9245902NG1794N0000ZS, localización: Cm Forte, Alcabre, Vigo, Pontevedra, Iglesias Patiño, Lucía.

Titularidade: Fernández Costas, Emilio Fulgencio, 53181778M, 100 % da propiedade.

Gravada co usufruto sobre unha cuarta parte a favor de: Costas Barreiro, María Teresa, 35984321Q.

Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo

256.426,95 €

Non constan

256.426,95 €

1.000,00 €

Debedor: Fernández Goberna, Alberto. NIF: 36019254N

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

8

Predio de Vigo nº 13489/bis, urbano. Casa composta de baixo e dous pisos, cunha vivenda por planta, actualmente sinalada co número 28 da rúa Figueirido, que co seu terreo unido forma un só predio, na parroquia de Coia, en Vigo; con terreo unido da superficie xeral de cento sesenta e catro metros cadrados; a casa ocupa na parcela unha superficie de oitenta e un metros cincuenta decímetros cadrados, cun total de douscentos corenta e sete metros cadrados construídos que constitúe unha vivenda unifamiliar. Estremas: norte, predio de Josefina Fernández Villar; sur, camiño; leste, de Argentina Pazó; e oeste, de herdeiros de Eduardo Barreiro, actualmente, estrema polo leste, con entrada común a varios predios, antes Argentina Pazó. Referencia catastral: 1240643 NG2713N 0001 RX.

Alberto Fernández Goberna, con DNl 36019254N, en canto á totalidade do pleno dominio con carácter privativo.

Adquirida por doazón, inscrición 5ª ao tomo 1588, libro 653, folio 161, Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo.

Ten outorgada a cualificación definitiva de vivenda de renda limitada, grupo I a tres vivendas que comprende a casa; segundo cédula de cualificación expedida en Pontevedra o 3 de maio de 1963 polo delegado provincial de Vivenda, que o 17 de maio de 1963 produciu a nota á marxe da inscrición 2ª do predio 13489/bis, ao folio 216 volto do libro 436.

290.423,73 €

Hipoteca a favor do Banco Santander segundo certificado de data 4.4.2013, importe á data: 54.800 €

235.623,73 €

1.000,00 €

Debedor: Residencial Braille, S.L. CIF: B36907574.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

9

Predio de Vigo nº 80476, urbano, número seis. Compartimento número T14) no soto terceiro, máis profundo, sito baixo a rampla de acceso, do edificio sinalado co número seis á rúa Luis Braille, da cidade de Vigo, da superficie de seis metros con cincuenta decímetros cadrados, aproximadamente, que estrema: norte, subsolo da rúa Luis Braille; sur, corredor común de acceso; oeste, compartimento T15), e leste, compartimento T13). Cota na comunidade: cero enteiros trinta e dúas centésimas por cento. Titularidade: Residencial Braille, S.L. B36907574 pleno dominio totalidade deste predio. Inscrición: Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo, tomo 1432, libro 1432, folio 220, alta 1ª.

6.200,00 €

Non constan

6.200,00 €

500,00 €

10

Predio de Vigo nº 80477, urbano, número sete. Compartimento T15) no soto terceiro, máis profundo, sito baixo a rampla de acceso, do edificio sinalado co número seis á rúa Luis Braille, da cidade de Vigo, da superficie de seis metros con cincuenta decímetros cadrados, aproximadamente, que estrema: norte, subsolo da rúa Luis Braille; sur, corredor común de acceso; oeste, compartimento T16) e leste, compartimento T14). Cota na comunidade: cero enteiros trinta e dúas centésimas por cento. Titularidade: Residencial Braille, S.L. B36907574 pleno dominio, totalidade deste predio. Inscrición: Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo, tomo 1432, libro 1432, folio 222, alta 1ª.

6.200,00 €

Non constan

6.200,00 €

500,00 €

11

Predio de Vigo nº 80478, urbano, número oito. Compartimento número T16) no soto terceiro, máis profundo, sito baixo a rampla de acceso, do edificio sinalado, co número seis á rúa Luis Braille, da cidade de Vigo, da superficie de seis metros con cincuenta decímetros cadrados, aproximadamente, que estrema: norte, subsolo da rúa Luis Braille; sur, corredor común de acceso; oeste, compartimento T17) e leste, compartimento T15). Cota na comunidade: cero enteiros trinta e dúas centésimas por cento. Titularidade: Residencial Braille, S.L. B36907574 pleno dominio totalidade deste predio. Inscrición: Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo, tomo 1432, libro 1432, folio 224, alta 1ª.

6.200,00 €

Non constan

6.200,00 €

500,00 €

12

Predio de Vigo nº 80479, urbano, número nove. Compartimento número T17) no soto terceiro, máis profundo, sito baixo a rampla de acceso, do edificio sinalado co número seis á rúa Luis Braille, da cidade de Vigo, da superficie de seis metros con cincuenta decímetros cadrados, aproximadamente, que estrema: norte, subsolo da rúa Luis Braille; sur, corredor común de acceso; oeste, compartimento T18); e leste, compartimento T16). Cota na comunidade: cero enteiros trinta e dúas centésimas por cento. Titularidade: Residencial Braille, S.L. B36907574 pleno dominio totalidade deste predio. Inscrición: Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo, tomo 1435, libro 1435, folio 1, alta 1ª.

6.200,00 €

Non constan

6.200,00 €

500,00 €

13

Predio de Vigo nº 80480, urbano, número dez. Compartimento número T18) no soto terceiro, máis profundo, sito baixo a rampla de acceso do edificio sinalado co número seis á rúa Luis Braille, da cidade de Vigo, da superficie de oito metros con trinta e seis decímetros cadrados, aproximadamente, que estrema: norte, subsolo da rúa Luis Braille; sur, compartimento T8); oeste, subsolo de María Nazaret Acevedo e D.M.J. Pérez Durán e de Gabriel Rodríguez; e leste, corredor común de acceso e compartimento T17). Cota na comunidade: cero enteiros corenta e tres centésimas por cento. Titularidade: Residencial Braille, S.L. B36907574 pleno dominio totalidade deste predio. Inscrición: Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo, tomo 1435, libro 1435, folio 3, alta 1ª.

7.900,00 €

Non constan

7.900,00 €

500,00 €

Debedor: Promociones Algonsa 2005, S.L. CIF: B36956837.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

14

Predio de Vigo nº 82638, urbano, número seis. Praza de garaxe número vintecinco, sita no soto segundo, do edificio sinalado co número dezaseis á rúa Areal, de Vigo, da superficie útil de nove metros noventa decímetros cadrados. Estremas: fronte, zona común de acceso; fondo, praza de garaxe número 26; dereita entrando, praza de garaxe número 24 e adega número 35; e esquerda, espazo, entre columnas que separa de rampla de acceso. Cota de participación: cero enteiros vintenove centésimas por cento.

Promociones Algonsa 2005, S.L., CIF: B36956837, dereito clase: pleno dominio do 100 % deste predio, título: división horizontal.

Autorizante: José Luis Lorenzo Areán, Vigo, nº protocolo: 1416 de data 16.10.2009.

Inscrición: 1ª, tomo 1510, libro 1510, folio 99, data 30.10.2009.

Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo.

21.000,00 €

Non constan

21.000,00 €

500,00 €

15

Predio de Vigo nº 82639, urbano, número sete. Adega número trinta e cinco, sita no soto segundo, do edificio sinalado co número dezaseis á rúa Areal, de Vigo, da superficie útil de dous metros quince decímetros cadrados. Estremas: fronte, relanzo de planta; fondo, praza de garaxe número 25; dereita entrando, adega número 25; e esquerda, praza de garaxe número 24. Cota de participación: cero enteiros seis centésimas por cento.

Promociones Algonsa 2005, S.L., CIF: B36956837, dereito clase: pleno dominio do 100 % deste predio, título: división horizontal.

Autorizante: José Luis Lorenzo Areán, Vigo, nº protocolo: 1416 de data 16.10.2009.

Inscrición: 1ª, tomo 1510, libro 1510, folio 101, data 30.10.2009. Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo.

2.000,00 €

Non constan

2.000,00 €

500,00 €

16

Predio de Vigo nº 82640, urbano, número oito. Adega número dezasete, sita no soto segundo, do edificio sinalado co número dezaseis á rúa Areal, de Vigo, da superficie útil de tres metros cincuenta e cinco decímetros cadrados. Estremas: fronte, zona común; fondo, parede do soto; dereita, entrando, adega número 16; e esquerda, adega número 22. Cota de participación: cero enteiros dez centésimas por cento.

Promociones Algonsa 2005, S.L., CIF: B36956837, dereito clase: pleno dominio do 100 % deste predio, título: división horizontal.

Autorizante: José Luis Lorenzo Areán, Vigo, nº protocolo: 1416 de data 16.10.2009.

Inscrición: 1ª, tomo 1510, libro 1510, folio 103, data 30.10.2009. Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo.

3.300,00 €

Non constan

3.300,00 €

500,00 €

17

Predio de Vigo nº 82647, urbano, número quince. Adega número catro, sita no soto primeiro ou menos profundo, do edificio sinalado co número dezaseis á rúa Areal, de Vigo, da superficie útil de dous metros trinta e cinco decímetros cadrados. Estremas: fronte, zona común de acceso; fondo, parede do soto; dereita entrando, adega número 2; e esquerda, zona común. Cota de participación: cero enteiros sete centésimas por cento.

Promociones Algonsa 2005, S.L., CIF: B36956837, dereito clase: pleno dominio do 100 % deste predio, título: división horizontal.

Autorizante: José Luis Lorenzo Areán, Vigo, nº protocolo: 1416 de data 16.10.2009.

Inscrición: 1ª, tomo 1510, libro 1510, folio 117, data 30.10.2009. Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo.

2.100,00 €

Non constan

2.100,00 €

500,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, puxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e, de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo dun mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Vigo, 23 de abril de 2013

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo