Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 13922

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013 pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2013, do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo.

O 27 de febreiro de 2010 publícase no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

O 4 de outubro de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de setembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

O 24 de abril de 2012 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de abril de 2012 pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2012, do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

Coa finalidade de proceder ao pagamento da subvención dos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, procédese a publicar a presente resolución.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Publicidade do crédito para o exercicio 2013

1. Para o seu financiamento, a Consellería de Traballo e Benestar, para o exercicio 2013, ten previsto, un crédito para axudas especiais para traballadores afectados por regulación de emprego, na aplicación 11.03.322B.480.2, coa seguinte dotación orzamentaria.

Anualidade 2013:

11.03.322B.480.2 Código de proxecto 2013 00 544: 132.000,00 euros.

Total importe: 132.000,00 euros.

2. En canto ao procedemento de aprobación do gasto e pagamento das axudas establecidas nesta resolución observarase o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Prazos de solicitude

O prazo de solicitude destas axudas especiais será o establecido no artigo 9 da Orde do 20 de setembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación