Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/477-1 e tres máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 2012/477-1.

Acta inf.: I152012000124649.

Empresa: Trebalugue, S.L.

NIF: B15904691.

Enderezo: rúa Padre Feijoo, 3 baixo, 15004 A Coruña.

Materia: obstrución (incomparecencia á citación da Inspección de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, en relación co disposto no artigo 8 do Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo co disposto nos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 14.1.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Trebalugue, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente RL 2012/544-1.

Acta inf. : I152012000150214.

Empresa: Fire Code System, S.L.

NIF: B70310925.

Enderezo: avenida dos Bosques, 8, baixo, 15142 Arteixo.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co disposto nos artigos comprendidos entre o 39 e o 53 do Convenio colectivo provincial da industrial siderometalúrxica da Coruña.

Tipificación: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao medio).

Data da resolución: 14.2.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Fire Code System, S.L. unha sanción por importe de tres mil cento vinte e cinco euros (3.125 €).

Expediente: RL 2013/53-1.

Acta inf. : I152012000157385.

Empresa: Manuel Pereira e Hijos, S.L.

NIF: B70036629.

Enderezo: A Capela, O Araño 27, 15920 Rianxo.

Materia: seguridade e hixiene (falta de organización preventiva).

Normativa infrinxida: artigos 14.2, 15.1 e 30 da Lei 31/1995 e artigos 1, 2 e 10.1 do Real decreto 39/1997.

Tipificación: artigo 12.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo co artigo 39.1 do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 13.3.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Manuel Pereira e Hijos, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente: RL 2013/104-1.

Acta inf. : I152012000175674.

Empresa: Esabe Vigilancia, S.A.

NIF: A79183117.

Enderezo: polígono Pocomaco, rúa 1, sector G, parcela 11, 2º, 15006 A Coruña.

Materia: traballo (falta de aboamento do salario en tempo e forma).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.e) e f) e artigo 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigo 64 do Convenio colectivo de empresas de seguridade privada, e artigo 7, puntos 1 e 2, do Código civil.

Tipificación: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 2.4.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Esabe Vigilancia, S.A. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

A Coruña, 11 de abril de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña