Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-85/2012 RE).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, empránzase ao interesado que se sinala no anexo para seren notificado por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 12 de abril de 2013

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-85/2012 RE.

Denunciado: Diego Silva Álvarez.

Acto notificado: proposta de resolución.