Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13840

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 21-22 do parque empresarial da Trabe.

O 8 de abril de 2013 ditouse a Resolución de Alcaldía (Decreto número 115) pola que se resolve a aprobación inicial do estudo de detalle presentado por Pablo Alonso Lago (Proyfe, S.L.), en representación de Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, S.L. (AGD CyL, S.L.), co obxecto da ordenación de volumes e agrupación das parcelas 21-22 da zona Z3, subzona 1, do parque empresarial da Trabe, redactado pola arquitecta Lorena Pardiñas Lamas.

O dito acordo supón a suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle por un prazo máximo de dous anos ou ata que se acorde a aprobación definitiva se for anterior.

Sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido presentándose na casa do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Cedeira, 11 de abril de 2013

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde