Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de rede de telecomunicacións, para centros da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o servizo de administración, monitorización e xestión da dita rede (AI-SER1-13-010).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 3.6.2013.

d) Número de expediente: AI-SER1-13-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de rede de telecomunicacións, para centros da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o servizo de administración, monitorización e xestión da dita rede.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: 3 anos desde a súa formalización ou desde a implantación do servizo, se é posterior á formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 64200000-8, 64210000-1 e 64212000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Lote 1:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Solución técnica

0-50

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0-40

Datos en mobilidade

0-10

Lote 2:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Solución prestación servizo ofertado

0-30

Metodoloxía

0-20

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Prezo total ofertado en euros

0-40

Calidade de servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 63.406.080 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 26.419.200 euros. Importe total: 31.967.232 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Lote 1: grupo V, subgrupo 4, categoría D.

Lote 2: grupo V, subgrupo 5, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusulas 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3.6.2013.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no Perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 26.4.2013.

12. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos