Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de abril de 2013 pola que se notifica a comunicación de erro do importe da multa no expediente IU1/131/2009-C1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 6 de marzo de 2013, resolución pola que se lle impón a Jesús Castreje Durán unha terceira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/131/2009, que foi incoado polas obras consistentes na construción dunha vivenda, no lugar da Insua, fronte á praia de Mar de Fóra, parroquia de Santa María de Fisterra, Concello de Fisterra, provincia da Coruña.

Advertido erro no importe da multa e ao non poderse realizar a notificación persoal daquela comunicación ao interesado, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita comunicación.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da comunicación que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland 1º andar, Salgueriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística