Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 15 de abril de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0319/2012-BIO.

Denunciada: Carmen Trillo Figueroa.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0344/2012-BIO.

Denunciada: Yolanda Piñeiro González.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0094/2012-BIO.

Denunciado: José Delmiro Lorenzo Vidal.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0022/2013-SBP.

Denunciado: Feliciano Rial González.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0081/2012-OBS.

Denunciado: Nazario Vila Cancelas.

Acto de notificación: resolución.