Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado puntos de encontro familiar de Pontevedra e Vigo por procedemento aberto e tramitación urxente.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 48/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado puntos de encontro familiar de Pontevedra e Vigo por procedemento aberto e tramitación urxente.

b) Nº de lotes: 2. Lote 1: punto de encontro familiar de Pontevedra. Lote 2: punto de encontro familiar de Vigo.

c) Lugares de execución: Pontevedra e Vigo.

d) ) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2014.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: cento oitenta e un mil cincocentos euros (181.500 €) para o lote 1 (150.000 € máis 31.500 € en concepto de IVE), e douscentos cincuenta mil catrocentos setenta euros (250.470 €) para o lote 2 (207.000 € máis 43.470 € en concepto de IVE).

Orzamento total sen IVE: trescentos cincuenta e sete mil euros (357.000 €); total con IVE: catrocentos trinta e un mil novecentos setenta euros (431.970 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisoria: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión-Subdirección Xeral de Servizos Sociais e Xestión Económica.

b) Enderezo: Edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 69-981 54 46 95.

e) Fax: 981 54 46 34.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver a cláusula 5.3.3.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas), do oitavo día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 46 34) no mesmo día.

Se a documentación se presentar en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18831

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar