Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Traballadores Arquiveiros da Xunta de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Traballadores Arquiveiros da Xunta de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación todas as persoas que teñan a condición de funcionarios de carreira ou interinos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A1), escala facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo A2), escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, e aqueles arquiveiros que teñan a condición de traballadores laborais fixos, temporais e indefinidos da Xunta de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Pablo Sánchez Ferro, Estrella Llano Luján, José Ramón López Fernández, Alfonso Cándido Cascudo Rasilla e Concepción García García.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social