Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 2012/240-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Mármoles Lofre, S.L.

Domicilio social: pol. ind. Teixeiro, rúa B, parcela 15, 15310 Curtis.

Denominación: CS e CT 250 kVA para marmoraría.

Situación: pol. ind. Teixeiro, rúa B, parcela 15, 15310 Curtis.

Características técnicas: CS prefabricado con celas de entrada, saída e de remonte, 24 kV, 400 A. CT prefabricado exterior, celas de liña, de protección e de medida 400 A, 24 kV, transformador 15/0,42 kV, aceite, 250 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 10 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña