Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o comezo do primeiro treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación ano 2013) dos montes da CMVMC de Atios, concello do Porriño.

En cumprimento da Resolución do 26 de febreiro de 2013 onde se autoriza a realización do primeiro treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación ano 2013) dos montes veciñais en man común de Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Cerola, Faro e outros e Rape e outros da CMVMC de Atios, concello do Porriño, e en aplicación do artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, acordouse sinalar a data do luns 17 de xuño de 2013 ás 10.00 horas da mañá para o comezo das operacións de apeo, que serán efectuadas polo enxeñeiro de montes Guillermo Vega Alonso. Fíxase como punto de encontro o campo de fútbol de Roupeiro. O deslindamento comezará en Pena Aguda, seguindo a divisoria municipal do monte co límite municipal do concello de Ponteareas e Salceda de Caselas ata chegar á área recreativa Os Lagos, a carón da parcela 36039A02300420.

Emprázanse os lindeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo de 30 días naturais, a partir do día seguinte ao desta publicación, para presentar a documentación acreditativa da propiedade. Para estes efectos só se considerará acreditativa da propiedade a titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente rexistro da propiedade e, na súa falta, certificación catastral. Deberán presentar os documentos pertinentes nas oficinas do Servizo de Montes (avenida Fernández Ladreda 43, 2º andar), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 23 de abril de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra