Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, de varios contratos.

O secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos previstos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, resolveu dar publicidade:

1. Ao cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3 tema prioritario 44, dos seguintes contratos:

1. Obra de construción dun punto limpo no concello de Mos (Pontevedra) (expediente 2/12), adxudicado pola Resolución do 11 de outubro de 2012.

2. Obra de construción dun punto limpo no concello de Cervo (Lugo) (expediente 3/12), adxudicado pola Resolución do 19 de outubro de 2012.

3. Obra de construción dun punto limpo para os concellos de Fene e Cabanas (A Coruña) (expediente 1/2013).

4. Servizo de xestión de recollida, transporte e valorización de plásticos agrícolas xerados na Comunidade Autónoma de Galicia (expediente 23/11), adxudicado pola Resolución do 24 de abril de 2012.

5. Obra de construción dun punto limpo no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) (expediente 31/11), adxudicado pola Resolución do 30 de maio de 2012.

6. Obra de construción dun punto limpo no concello de Porto do Son (A Coruña) (expediente 33/11), adxudicado pola Resolución do 29 de maio de 2012.

2. Ao cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 47, do seguinte contrato:

Subministración dunha plataforma informática de xestión de laboratorios destinada ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (expediente 24/11), adxudicado pola Resolución do 30 de maio de 2012.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas