Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación da seguinte concesión:
– V-2896; XG-323,Pontellón-Cabo de Cruz, con anexos, da titularidade de Autocares Muñiz, S.L.
Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 4 de abril de 2013
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade