Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 13037

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

RESOLUCIÓN do Convenio urbanístico de planeamento na área do Beco e Agrochaíl.

O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria realizada no un de agosto de dous mil doce, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Denunciar e deixar sen efecto o documento de subscrición do convenio urbanístico de planeamento nos lugares do Beco e Agrochaíl para a modificación puntual do PXOM aprobado no Pleno do 25 de xaneiro de 2011.

2. Aboar a cantidade de 53.100 euros a Albergues Rías Altas, S.L., en compensación do ingresado o 18 de febreiro de 2011.

3. Publicar o anuncio no BOP e no DOG deste acordo.

4. Notificar este acordo a Albergues Rías Altas, S.L.

Cedeira, 11 de marzo de 2013

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde