Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 13035

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar do Concello de Boiro.

Juan José Dieste Ortigueira, alcalde do Concello de Boiro, en execución do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 12 de marzo de 2013 e corrección de erros en sesión do 2 de abril de 2013 por medio deste anuncio efectúa a convocatoria do procedemento aberto, varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria, para adxudicar o contrato de servizos denominado «Servizo de axuda no fogar do Concello de Boiro», conforme os seguintes datos:

ANEXO
Cadro resumo das características do contrato

Obxecto do contrato: servizo de axuda no fogar do Concello de Boiro

Características técnicas: as recollidas no prego de prescricións técnicas

Tipo de contrato: de servizos

Suxeito a regulación harmonizada: non

CPV (referencia de nomenclatura): 85310000-5

Procedemento de adxudicación: aberto

Tramitación: ordinaria.

Orzamento de licitación: 926.496,00 € (IVE incluído)

Aplicación orzamentaria: 231.227.00

Revisión de prezos: aplicarase sobre o prezo/hora de prestación, e levarase a cabo de conformidade co establecido nos artigos 89 e seguintes do TRLCSP e no número 4 do prego de cláusulas administrativas

Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local

Perfil do contratante: enderezo páxina web www.boiro.org

Clasificación: non se exixe

Ofertas

Prazo de presentación: quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP ou no DOG

Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello e outros sinalados no art. 38 LRXP AC.

Apertura de ofertas: o décimo primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas

Garantías

Provisional: non se exixe

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE

Prazo de execución: 2 anos

Prórroga: 1

Duración total: 3 anos (2+1) (inicial máis posible prórroga)

Forma de pagamento: o pagamento do prezo realizarase mensualmente, mediante a presentación das facturas a mes vencido, separando as que correspondan á prestación básica das correspondentes á dependencia

Criterios de valoración

1. Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Programa de traballo................................................... ata 20 puntos

2. Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

a) Oferta económica........................................................ ata 50 puntos

b) Melloras....................................................................... ata 30 puntos

b).1. axudas técnicas.................................................. ata 20 puntos

b).2. horas/ano sen custo para o concello.................. ata 10 puntos

Puntos total 100 puntos

Outros datos

– Teléfono de información: 981 84 48 00/981 84 99 60

– Lugar onde se poden obter copias dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: enderezo páxina web www. boiro.org

Boiro, 5 de abril de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde