Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12838

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública para licenza a Materiales de Construcción J.A. Martínez, S.L. (expediente 13/0030SU).

Materiales de Construcción J.A. Martínez, S.L. solicitou licenza de construción de nave industrial e licenza de actividade de almacén de material de construción que situará no parque empresarial terciario Porto do Molle, parcela 8.11, Nigrán (expediente 13/0030SU).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no rexistro xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 22 de febreiro de 2013

Alberto Valverde Pérez
Alcalde